PemÓn bouzas

pÁXina persoal

Site Search



Biografía de Pemón Bouzas

2 Ago 1957

De Palmeira-Riveira, reside en Santiago de Compostela. En 2013 gañou o premio de novela ATENEO DE VALLADOLID coa obra O ESPÍRITO DO AIRE.

NOVOS PASOS PÒR BRETAÑA (Xerais 2014) é a súa última publicación.

Outras obras son: A estrela de Oriente (Xerais 2012), “100 COSAS QUE HACER EN Galicia” (MR Ediciones, 2010), “Las Luces del Norte” (Styria 2008) e “El Informe Manila” (MR ed.2005).

Con a X.A. Domelo escribiu “Santiago de Compostela ¿Y después de abrazar al santo qué?” (MR ed. 2004) e “Mitos, ritos y leyendas de Galicia” (MR ed. 2000).

Desde 1985 traballa na Televisión de Galicia,nos últimos anos no magazine cultural EIRADO; tamén guionizou e dirixiu os documentais “Paixón polo Mar” (2008), “Correlingua” (2008), “Encrucilladas” (2007), “Un mar de velas” (2007), “Jacinto Caamaño, O Paso do Noroeste” (2006), “O Camiño Francés” (2004), e “Historias de Compostela” (2004). Tamén dirixíu e presentou programas como “Encontros”, “Coa miña xente”, “Espacio Aberto”, “Entre Nos”, ...

Durante anos colaborou na Radio Galega. Antes traballóu na COPE, Ondas Galicia e Radio Galicia-SER. Ten publicado artigos en revistas e prensa diaria.

 



Televisión