PemÓn bouzas

pÁXina persoal

Site Search



Obras de Pemón Bouzas

 

A voz do vento / La voz del viento

A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante baseada na pesca e no comercio local e internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos que cambiou a súa historia.Reunións de bruxas en lascivos aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de poder, alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha personaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro.

 

Leer Mais en Ed. Xerais Dossier Ed. Algaida Noticias Ed. Algaida

 

 

Novos Pasos por Bretaña

Novos pasos por Bretaña é unha experiencia viaxeira que nos axudará a comprender mellor o mundo en que vivimos. Dende estas páxinas achegarémonos ás cruces de pedra e aos calvarios que Castelao debuxou; á maxia e ás lendas retratadas por Cunqueiro; sentiremos o mar navegando polas augas bretoas, falando con mariñeiros, sabendo das tradicións e historias de corsarios; coñeceremos os diferentes tipos de dolmens, menhires e aliñamentos; descubriremos a importancia dos relatos artúricos e do mago Merlín; inserirémonos na historia do ducado de Bretaña, que foi territorio independente ata hai pouco máis de douscentos anos. Pero, sobre todo, tal e como apunta o autor, este é un libro de viaxes que fala “de vivencias, de emocións, de sentimentos, para achegar subxectividade a unha paisaxe máis ou menos vista, a uns monumentos coñecidos, a unha historia e a unhas tradicións incluso manidas”.

 

Leer Mais »

 

 

A Estrela de Oriente

Cando Aziz esperta tras ver derruída a súa aldea por un grupo de bandidos, atópase nunha caravana chea de riquezas, con fermosos cabalos de guerra, boas teas e abundantes especias, entre soldados e sabios. É recollido polos homes de Apelio, xefe das tribos que habitan as altas montañas de Oriente, quen lle explica que están alí para cumprir unha antiga profecía. Únense a eles Amerio, príncipe de todas as tribos do sur, onde se atopan as fontes que enchen de auga os grandes lagos de África e o Nilo, e Malgalath, druída das nacións celtas do norte, transportados prodixiosamente ata ese lugar dende as súas afastadas terras. Os tres, acompañados polo pequeno Aziz, seguirán a Estrela de Oriente, no seu camiño cara a Belén, por ver de atoparen e agasallaren o novo Rei de reis acabado de nacer. A Estrela de Oriente fálanos dun dos grandes mitos de Occidente, os Reis Magos, retratados por Tiziano, Velázquez ou Rubens, que representan para a infancia un dos misterios máis extraordinarios, un dos referentes do calendario, nos que está presente a ilusión, a maxia, a fantasía. Nesta obra destacan aspectos moito máis universais que os que poidan reflectir ideoloxías ou relixións, como a solidariedade, a relación entre culturas e diferentes etnias ou o compromiso.

 

Leer Mais »

 

 

Las luces del norte

Eri O'Connell, profesora adjunxa no departamento de linguas románicas da Universidade de Alaska, estudia a influencia española no descubrimento e a cartografía da costa noroeste de América cando mariños españoles, antes de que James Cook llevara a fama no seculo XVIII, navegaron polas sus costas buscando o mítico «paso do Noroeste» que debía comunicar o océano Pacífico co Atlántico. As investigacions de O'Connell chocarán coas de xentes sin escrúpulos que perseguen ese mítico tesoro dos españoles do que falan varias lendas indias... De California ao norte de Alaska, de México a España, Luces del Norte e unha novela de intrigas e misterio, piratas e asesinos a sueldo, roubos e secuestros, archivos antigos e buscadores de naufragios, que revela algun dos grandes enigmas que esconden as profundidades dos mares.

 

Leer Mais »

 

 

El informe Manila

Álvaro de Mendaña descubriu no 1568 as illas Salomón – das que foi nomeado gobernador – tras varios meses de dura e difícil navegación polos mares do Sur. De regreso a Lima, de donde partira, o seu maior desexo era retornar a aquelas illas. Su proyecto se retrasó 27 años.

Isabel Barreto, protagonista de esta historia e esposa de Álvaro de Mendaña, resultou fundamental nos preparativos do novo viaxe. Muller de forte carácter, loitou contra os prexuicios e inconvenientes da época, ademáis de superar as intrigas na corte de Lima, os asaltos dos cimarrones e os ataques dos corsarios ingleses. Isabel buscaba algo máis que as riquezas que lle poidiesen reportar tales illas, xa que o que pretendía era abrir novas rutas de navegación para comerciar cos productos desexados no virreinato do Perú e codiciados por todo o mundo: as sedas e as especias dese fascinante e desconocido imperio chamado China. El informe de Manila é a clave que desvela todoslos entresixos deste vibrante e épico viaxe.

 

Leer Mais »

 

 

Mitos, Ritos y Leyendas de Galicia

Seres misteriosos, tesoros ocultos baixo pedras encantadas, a lenda da Reina Lupa, as meigas e os trasnos, personajes históricos como Prisciliano ou Pedro Madruga…. Esta obra é un recorrido romántico polos misterios, supersticions e tradicions que constituyen as claves da cultura gallega, unha cultura con unha interpretación do mundo máxica e particular. Mitos, ritos y leyendas de Galicia ofrece referencias imprescindibles para acercarse a unha identidade na que se funden o pasado e o presente, o desexado e o temido. Elementos celtas e persoaxes lexendarios que nos aproximan a esa Galicia única e enigmática de bosques e encrucilladas.

 

Leer Mais »

 

 

100 Cosas que hacer en galicia (al menos una vez en la vida)

 

Seguindo un sentido xeográfico que parte de Santiago de Compostela e que recorre toda Galicia para finalizar en A Coruña e o seu entorno, Pemón Bouzas, amosanos os 100 aspectos imprescindibles que non debemos perdernos cando visitemos Galicia. Desde aspectos da sua historia e cultura, gastronomía, rutas turísticas, festividades máis típicas, monumentos, tradicions e demáis curiosidades únicas. Este libro non e tan só unha guía de viaxes, un recetario de cociña ou un recopilatorio de lendas, é un auténtico «todo en un» para non perdernos absolutamente nada. Un libro que nos amosa unha rexión cuia ancestral riqueza histórica é só comparable a ela mesma.

 

Leer Mais »

 

 

Santiago de Compostela y despúes del abrazo al santo ¿Qué?

Santiago de Compostela foi, é e será, eso desexamos, un destiño para xente inteligente. Pero como a xente intelixente tamén sofre dun dos grandes males da sociedade na que vivimos, a falta de tempo, con estas páxinas queremos facilitarlle as cousas, refrescarlle a memoria e satisfacer as suas necesidades máis perentorias sobre a cidade que visita e sobre o seu entorno, que é toda Galicia. Por elo, nas seguintes páxinas vamos a abordar o fenómeno xacobeo dende o seu orixen ata nosos días, evocando a historia, a lenda e as tradicions, e recorrendo aqueles lugares marcados pola sua relación co Apóstol Santiago e coa cidade a que da nome: Santiago de Compostela. Todo elo completado con alternativas a modo de “escapadas” para conocer determinados puntos de interés da xeografía galega.

 

Leer Mais »


Televisión