New York, lembrando o 11 de setembro de 2001

Pasaban varios minutos das tres da tarde. Un pequeno grupo de compañeiros, uns xa comidos e outros dispostos a facelo, mirabamos no telexornal as primeiras imaxes do impacto dun avión de pasaxeiros contra unha das torres xemelgas de New York.
-Un accidente –dicían uns.
-Como vai ser un accidente! É imposible! –dicía outro. Hai que ir adrede contra a torre.
-Os aeroportos están moi preto, o JFK e La Guardia -apuntaba alguén.

New York, Zona Cero. 2001

New York, Zona Cero. 2001

 

O impacto dun segundo avión contra a outra torre disipou todas as dúbidas. Era un atentado planificado. Abraiados quedamos. Comezaron as chamadas a familiares e amigos residentes en New York. Os mais souberon da noticia por nós debido á diferenza horaria.

O mundo cambiou aquel día. Dende entón mudaron as medidas de seguridade no trasporte mundial. Dende entón máis guerras en Oriente. Dende entón o petróleo máis caro. Dende entón máis violencia, xenofobia, racismo… Dende entón máis terrorismo: Madrid, Londres, París, Bruxelas, Istambul, … por non mencionar os atentados diarios en países musulmáns en conflito nos que morren cada día ducias de persoas, sempre inocentes.

Dende entón, decadencia social, incultura fomentada en occidente por gobernos neoliberais ultracapitalistas que privatizan  a sanidade, deterioran a educación, fomentan as universidades privadas con cartos públicos, aniquilan a cultura, provocan conflitos territoriais, guerras sobre mentiras,  degradan o ecosistema e a paisaxe, etc.

Restos da catástrofe

Restos da catástrofe

Estiven na zona cero de Nova York pouco despois dos atentados. As mangueiras dos bombeiros aínda traballaban arreo. Outros bombeiros e policías chegaban en peregrinación dende moitos lugares de Estados Unidos, homes e mulleres feitos e dereitos, moitos deles de sete pes de altura e mais de duascentas libras de peso, chorando sen consolo. Respirábanse cinza e bágoas.

Lembro aquela atmosfera con inquedanza.

Pomba da paz de Calatrava. Nova estación do metro da Zona Cero

Pomba da paz de Calatrava. Nova estación do metro da Zona Cero

 

Estanque onde estaba a torre sur.

Estanque onde estaba a torre sur.

 

Sentín calafríos na zona cero hai uns meses.
Sentín esperanza polo bo que pode facer o ser humano.
Sentín inquedanza outra vez.

New York, Zona Cero. 2016

New York, Zona Cero. 2016

 

 

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *