Eirado

En “Eirado” teñen cabida as artes plásticas, o espectáculo, o cine, as novas tecnoloxías, a literatura, a arquitectura, etc.

Pemón Bouzas é o encargado de conducir un programa cuxo nome pretende facer referencia a un lugar de encontro, xa que eirado é unha palabra que se refire ao lugar onde as xentes das aldeas se xuntaban a iso da atardecida para comentar as tarefas do día e tamén para celebrar festas. Así pois, o programa “Eirado” é un punto de encontro dos artistas galegos de todas as disciplinas.

Ver +

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *