Historias de Compostela

Santiago de Compostela é unha cidade que agocha moitas historias, moitos pequenos segredos, que non o foron pero que co paso do tempo quedaron esquecidos. Santiago é unha cidade histórica e monumental cunha beleza e un patrimonio que a coloca entre as máis fermosas cidades do mundo.
Ser foco de espiritualidade de Occidente grazas á inventio, o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, e a rápida formación do primeiro núcleo urbano, o Locus Sancti Iacobi, así como a construción da catedral románica, aportou un movemento inxente de peregrinos que chegaron de toda Europa, por terra e por mar, que viñan atraídos pola devoción ao apóstolo e polo que hoxe chamaríamos “novas oportunidades de negocio”, falo de construtores de catedrais, de igrexas e de mosteiros, carpinteiros, frades, cambistas, ilustradores, tradutores, especuladores e xentes de vida licenciosa, entre outros moitos.
Un paseo pola cidade actual, a cidade do século XXI, permite ver claramente en moitos casos ou albiscar noutros, boa parte do legado histórico e patrimonial que xeracións e xeracións de composteláns e de peregrinos foron deixando nas súas pedras.
Hai algúns anos realicei, con Victorino Lourido, unha serie de pezas documentais sobre diferentes partes da cidade para seren emitidas nos programas dos servizos informativos da TVG. Posteriormente foron compactados para dar como resultado unha especie de gran reportaxe documental sobre Compostela, documental que se poder ver na web da TVG ou a través desta ligazón.
Benvidos a Santiago de Compostela.

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *