O paso do noroeste

O documental “O paso do noroeste. Tenente de Navío Xacinto Caamaño” conta a viaxe que o mariño galego fixo a finais do século XVIII na procura ou desestimación da existencia do Paso do Noroeste, un paso mítico do que falaban lendas e bitácoras apócrifas de mariños españois de séculos precedentes. Neses supostos diarios falábase da existencia dun paso navegable que uniría os océanos Atlántico e Pacífico e que situaban no territorio da actual Canadá.

O mariño galego partíu do porto mexicano de San Blas coa obriga de explorar e cartografar a costa noroeste do continente americano dende a badía de Bucarely ata a desembocadura do río Columbia, territorios que se corresponden con Alaska e a provincia da Columbia Británica do Canadá. A outra parte da misión fora encargada ao sí coñecido mariño Alexandro Malaspina.

Grazas a que os mariños españois e galegos foron pioneiros na navegación polas costas antes mentadas, chegaron antes que o coñecido mariño iglés James Cook, existen máis de mil topónimos con nomes casteláns e galegos na costa noroeste americana bañada polo océano Pacífico.

O documental foi escrito e dirixido por Pemón Bouzas con imaxes de Victorino Lourido e realizado nas costas por onde navegaron hai máis de douscentos anos os mariños galegos na última época dos grandes veleiros.

 

 

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *