Un mar de velas

Este documental retrata aos homes e mulleres que, dende as distintas asociacións agrupadas na Federación Marítima pola Cultura Marítima e Fluvial, defenden e se preocupan por manter vivo unha parte do patrimonio galego, as embarcacións tradicionais, as dornas, as gamelas, as traiñas, os galeóns, etc. O documental aproveita a presenza de moitas destas embarcacións nos Encontros que tiveron lugar no verán de 2007 en Ferrol.

Un mar de velas foi dirixido por Pemón Bouzas, con Victorino Lourido na imaxe e con guión de Pemón Bouzas e Xosé A. Domelo.


Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *