Como esperando abril

A primavera - Sandro Bottichelli

A primavera – Sandro Bottichelli

 

Mucho más allá de mi ventana
algodones jugaban a ser un jardín,
en espera de abril.”

Un dos grandes poetas do século XX  é, sen dúbida, o cubano Silvio Rodríguez, máis coñecido aquí como cantautor da Nova Troba Cubana que como poeta. Nestes versos cos que comezo esta entrada no blog,  a primeira dende hai tanto tempo, o poeta retrata a esperanza no mes de abril, que representa a esperanza na primavera como metáfora dun futuro mellor.

Somos moitos os que desexamos que abril recupere a esencia de futuro mellor que lle otorga o poeta. E digo  “futuro mellor” porque, nos tempos que andamos a palabra “futuro” sen o calificativo “mellor” so representa desesperanza.  “Os tempos son chegados” de saír ás ruas aínda que a friaxe nos envolva ou a chuvia nos molle, e moito máis ledos se brilla o sol no ceo e ilumina de cores a paisaxe galega, as paisaxes. So nas ruás seremos visibles. So nas rúas soará a nosa voz. So nas rúas sentiremos aos demáis coas súas voces inquedas, cos seus sorrisos cheirando a frescura, mirando cara diante, albiscando ese futuro mellor.

Nos escaparates vemos ofertas que coñecemos, algunhas en recipientes grandes, outras  que antes aparecían en caixas atractivas agora servense en paquetiños moi pequenos que costa identificar. Cada un que merque o que queira coa liberdade que nos da vivir en democracia, pero sempre pensando que so hai futuro, so hai liberdade,  se hai democracia.

 

 

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *