Tiburón

 

 

Farewell and adieu to you, Spanish Ladies,
Farewell and adieu to you, ladies of Spain;
For we’ve received orders for to sail for ole England,
But we hope in a short time to see you again.

 

Spanish Lady“, ou “Bella dama española“, é unha canción que interpretantan os mariñeiros ingleses  cando están embarcados e que foi incluida en, alomenos,  dúas grandes películas, Tiburón e Master & Commader. Creo que tamén se cantaba noutro clásico maravilloso do cine náutico: “El mundo en sus manos“. Pero aquí ven a conto por esta entrada no blog dedicada a Tiburón.

Tiburón é para min unha das mellores películas da historia do cine.

Dirixida por Steven Spielberg en 1975, con Robert Shaw, Roy Scheider e Richard Dreyfuss nos papeis protagonistas, nos que tamén habería que incluir a Murray Hamilton que interpretou ao alcalde de Amity. A película rodouse case por completo na illa de Martha’s Vineyard  con gran tradición mariñeira e de caza de baleas, como a veciña  Nantucket da que sae o Pequod, o barco que vai tras Moby Dick.

Non me cansa ver esta película que considero xoia, porque o ten todo, sobre todo vixencia. Segue a ser unha gran película de aventuras na que o protagonista principal é o propio tiburón. Pero a súa vixencia vai moito máis alá do entretemento tan logrado, da tensión dramática, da magnífica interpretación dos actores e da incrible e inesquecible banda sonora composta por John Williams; estoume a referir aos perfís humanos, ás actitudes dos personaxes. Grandiosa é a interpretación de Murray Hamilton facendo o papel de alcalde, dun alcalde dunha pequena vila mariñeira que só busca “o mellor” para a comunidade, grazas á apertura da temporada de verán coa chegada masiva de turistas ás praias, aos restaurantes e ao hotel da vila, xusto o 4 de xullo, día nacional de Estados Unidos de América.

¿Busca o mellor para a comunidade? A presión das oligarquías locais fai que antepoña “progreso” a calquera outra cousa, aínda que custe vidas porque o tiburón necesita alimentarse de bañistas. Son danos colaterais  que non están demasiado claros para o alcalde, queda por demostrar que sexa o tiburón o causante das primeiras mortes e, cando pescan un exemplar deciden que xa non hai perigo. ¿A clase política ao servizo do cidadán, do progreso? ¿Ou dos intereses económicos a calquera prezo?

Amigos, amigas, non estamos a falar dunha película de arte e ensaio feita por un “intelectual”de esquerdas enfrontado ao mundo. Estamos a falar de Steven Spielberg e da súa película Tiburón.

¿Que quero dicir con todo isto?

Cada ún de nos temos o poder de elixir políticos que se poñan ao servizo da sociedade, escollendo ben e procurando evitar aos que queren que a sociedade se poña ao seu servizo.

 

 

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *