Galegos nos descubrementos oceánicos

Unha iniciativa do Consello da Cultura Galega está poñendo en valor a presenza de mariños galegos nas odiseas das navegacións oceánicas durante os séculos XV ao XVII, unha iniciativa que so poder merecer un gran aplauso e os parabéns da nosa sociedade. De que vai ista iniciativa? Nunha exposición que se pode visitar no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra entre o 12 de novembro de 2019 e o 14 de xaneiro de 2020 baixo o título INVENTIO MUNDI. Galicia nas viaxes trnsoceánicas. Séculos XV-XVII. A exposición organizada polo Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Xunta de Galicia e do propio Museo de Pontevedra, está comisariada pola catedrática de Historia Moderna da USC Ofelia Rey Castelao.

 

Convén lembrar que neste 2019 cúmprese a efeméride da partida da expedición de Magalháes que tivo lugar o 10 de agosto de 1519 e que significou, para os que chegaron de volta con vida baixo o mando de Juan Sebastián Elcano, a primeira circunnavegación do planeta, expedición na que se sabe que ían galegos.

As efemérides son boas oportunidades para lembrar feitos que pagan a pena seren lembrados. Neste caso, a dos galegos neses periplos extraordinarios, polas condicions de navegación, pola incerteza da viaxe, polos riscos que case sempre se cobraban vidas, aínda compre moito máis divulgar aqueles feitos; hai que ter en conta que a coroa española prohibiu sistemáticamente a publicación dos resultados das exploracións, por iso galegos como Pedro Sarmiento de Gamboa, Francisco Mourelle de la Rúa ou Jacinto Caamaño son descoñecidos cando os ingleses  Drake, Vancouver ou Cook son referentes internacionais, e en España tamén.

Os parabéns ao Consello e ás persoas e institucións que tiveron parte nesta magnífica exposición tamén son polo catálogo que é de colección.

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *