A Galicia navegante no imaxinario literario

Como actividade complementaria á exposición INVENTIO MUNDI. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII, que se pode visitar no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra ata o día 14 de xaniero de 2020, o Consello da Cultura Galega, organizador da exposición, pensou asemade en ofrecer dous faladoiros que incidiran nos feitos salientados na exposición, a presenza dos galegos nos descubrimentos oceánicos, un dende o punto de vista da investigación histórica e outro, no que fun partícipe, titulado A Galicia navegante no imaxinario literario.

O faladoiro tivo lugar no mesmo edificio da exposición, no Museo de Pontevedra, o día 11 de decembro de 2019 ás 19:30 horas e no panel de participantes estabamos Dolores Vilavedra, profesora da USC e secretaria do Consello da Cultura Galega que exerceu como coordinadora e moderadora, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega e autor das novelas «O triángulo inscrito na circunferencia» e «A cidade dos césares» relacionadas coa temática da viaxe, María Solar, autora da novela «Os nenos da variola«, e o que suscribe por ser autor das novelas relacionadas cos galegos nas navegacións oceánicas El informe Manila e Las luces del norte.

Víctor Freixanes, María Solar, Dolores Vilavedra, Pemón Bouzas

A miña exposición foi máis alá dos personaxes e dos aspéctos históricos nos que se apoian as miñas novelas, Isabel Barreto e Álvaro de Mendaña en El informe Manila e Jacinto Caamaño e Mourelle de la Rúa na novela Las luces del norte. Centreime mais na épica da navegación, no momento histórico e nas documentadas case sempre boas relacións cos nativos dos lugares descubertos naqueles primeiros contactos entre civilizacións.

 

Pemón Bouzas e Víctor Freixanes

Foi unha mesa gratificante na que o talento narrativo dos meus compañeiros de táboa souberon engailor a unha audiencia ampla, entendida e interesada no que alí dícíamos, e participativa no coloquio posterior. Entre os asistentes, mencionar a Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.

 

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *