Algunhas entrevistas

Aproveitando que aínda está colgado na páxina web da TVG  o programa nº 100 do cultural Eirado que coordinei e presentei ata o verán de 2013, traio aquí o enlace á Televisión de Galicia por se para alguén son de interese as conversas que mantiven  con algúns dos personaxes que entrevistei e que foron agrupados na edición especial do centenario do programa cultural.

Os nomes que aparecen nesta edición son o pintor Antón Lamazares (01:06), o arquitecto Cesar Portela (06:43), o historiador Fernándo López Alsina (12:28), o escritor Xosé Neira Vilas (19:15), o escritor Manuel Rivas (25:23), as historiadoras da USC Ofelia Rey Caselao e Mar Llinares (32:51), a pintora Menchu Lamas (38:38), a profesora de literatura da USC Dolores Vilavedra (44:39) e a debuxante Emma Ríos (50:37) que traballa para a Marvel.

Non son as entrevistas completas pero son fragmentos interesantes polo que os entrevistados aportan nas conversas.

Preme no enlace aquí abaixo:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/eirado-3-temporada-18-03-2012-programa-100

 

 

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *