Biografía

Arousán da Raia Seca ou arraiano da Arousa
traballo en Santiago de Compostela sendo veciño de Teo.
Pero como galego que son, síntome do mundo, dun mundo sen fronteiras.
Pero crucei moitas, cando menos vinte diferentes, para chegar aos países nos que estiven, en catro continentes.

Teño publicadas as novelas: “A voz do vento” (Xerais, 2014), “La voz del viento” (Algaida, 2014) que resultou gañadora do LX Premio de Novela Ateneo Ciudad de Valladolid no ano 2013; “La voz del viento” (Algaida, 2016, edición de peto); “Las luces del norte” (Styria, 2008) e “El informe Manila” (MR Ediciones – Planeta, 2005). O conto infantil “A Estrela de Oriente” (Xerais, 2012).
Son autor dos libros de viaxes “Novos pasos por Bretaña” (Xerais, 2014) e “100 Cosas que hacer en Galicia”(MR Ediciones – Planeta, 2010). Xunto a X.A. Domelo “Santiago de Compostela. ¿Y después de abrazar al Santo qué?” (MR Ediciones – Planeta, 2004) e “Mitos, ritos y leyendas de Galicia” (MR Ediciones – Planeta, 2000, 15 edicións).
Na actualidade traballo na redacción de Informativos da Televisión de Galicia, da que formo parte dende o ano 1985. Anteriormente presentei o cultural Eirado. Dirixín os documentais “Paixón polo mar” (2008), “Correlingua” (2008), “Encrucilladas” (2007), “Un mar de velas” (2007), “Jacinto Caamaño, O Paso do Noroeste” (2006), “O Camiño Francés” (2004), e “Historias de Compostela” (2004).
Tamén dirixín e/ou presentei programas como “Encontros”, “Coa miña xente”, “Espacio Aberto”, “Entre Nós”, “Verán de estrelas”, “Noite de estrelas” e “Venres Show”.
Durante años presentei programas da Radio Galega e colaborei noutros. Antes traballei na COPE, Ondas Galicia e Radio Galicia-SER. Publiquei artigos en revistas de ámbito nacional e en prensa diaria.
Entre outros galardóns, recibín un Tp de Oro polo programa “Coa miña xente” e outro Premio Tp ao programa “Venres Show”, así como un Premio Maruja Tv polo programa “Noite de estrelas”.

  • Barnenez(21)
  • Brignogan-Plages
  • Camaret
  • Carnac
  • Fort de Kerbonn
  • Fougeres
  • Guillygi
  • Lagatjar
  • Mont-Saint-Michel
  • Pleyben
  • Plougastel-Daoulas
  • Plouguerneau Ile Vierge
  • Plouguerneau Le-Gronaneg-(Kozh)
  • Point-de-Penmarc'h-co-impoñente-faro-de-Eckmühl-feito-con-pedra-de-kersanton
  • Pointe-de-St-Mathieu
  • Portsall
  • Quimper detalle catedral
  • Quimper

Atento a las actualizaciones

Envío correos electrónicos reflexivos y amables