Documentais TV
Historias de Compostela

Historias de Compostela

Santiago de Compostela é unha cidade que agocha moitas historias, moitos pequenos segredos, que non o foron pero que co paso do tempo quedaron esquecidos. Santiago é unha cidade histórica e monumental cunha beleza e un patrimonio que a coloca entre as máis fermosas cidades do mundo. Ser foco de espiritualidade de Occidente grazas á inventio,

O camiño francés

O camiño francés

No mes de setembro de 2004, en pleno Xacobeo, Victorino mais eu, co axudante de cámara Mati, fixemos o Camiño de Santiago por excelencia, o Camiño Francés. O 23 de outubro daquel ano O Camiño de Santiago ía recibir o Premio Príncipe de Asturias á Concordia e o noso traballo ía ser, e foi, elixido para

O paso do noroeste

O paso do noroeste

O documental “O paso do noroeste. Tenente de Navío Xacinto Caamaño” conta a viaxe que o mariño galego fixo a finais do século XVIII na procura ou desestimación da existencia do Paso do Noroeste, un paso mítico do que falaban lendas e bitácoras apócrifas de mariños españois de séculos precedentes. Neses supostos diarios falábase da existencia

Un mar de velas

Un mar de velas

Este documental retrata aos homes e mulleres que, dende as distintas asociacións agrupadas na Federación Marítima pola Cultura Marítima e Fluvial, defenden e se preocupan por manter vivo unha parte do patrimonio galego, as embarcacións tradicionais, as dornas, as gamelas, as traiñas, os galeóns, etc. O documental aproveita a presenza de moitas destas embarcacións nos

Encrucilladas

Encrucilladas

Un dos elementos patrimoniais máis característicos da paisaxe galega son os cruceiros, xa Castelao lles dedicara un gran libro titulado “As cruces de pedra na Galiza” publicado en 1950. Encrucilladas é un documental no que se analizan os cruceiros pero que vai máis ala do seu valor arquitectónico e artístico, tratando aspectos que os relacionan con elementos da cultura

Paixón polo mar

Paixón polo mar

Cada catro anos ten lugar na cidade bretoa de Brest unha festa marítima na que se dan cita embarcacións tradicionais de todo o mundo. No ano 2008 Galicia foi unha das catro invitadas de honra xunto a países de gran tradición mariñeira como Irlanda, Noruega e Croacia. Alí se deron cita preto de tres mil