Feliz Día do Libro. Feliç Sant Jordi.  Mercedes Fisteus, Giada Trebeschi, Ángela Becerra e Noèlia Beltran

Feliz Día do Libro. Feliç Sant Jordi.

Catro propostas e castelán e catalán.

Dentro de dos años” de Mercedes Fisteus. Mercedes ven de gañar o Ateneo Joven de Sevilla 2019 con esta novela, coa que demostra o inmenso e prometedor futuro que lle agarda como escritora. Nesta historia revisita un espazo e un acontecemento xa narrados por outros, entre eles Arthur Miller, pero Mercedes faino cunha frescura conmovedora e dende un punto de vista radicalmente diferente. Volvede a Salem.

La Dama Roja” de Giada Trebeschi. So esta muller, filóloga italiana, actriz, dramaturga, amiga dos amigos, era quen de escribir un thriller que me levaría a min á Alhambra de Granada. Nesta obra hai un morto que xa non cheira, unha restauración dun antigo pazo preto de Roma, unha protagonista e un bello carabineiro. Ten de todo. Entretido libro e con moito sentido do humor.

El penúltimo sueño” de Ángela Becerra.  Quizais sexa este o libro que máis me gustou de Ángela, unha colombiana residente en Barcelona que transmite nos seus libros toda a sensibilidade que é posible expresar. Ás veces, os sentimentos non logran vencer ás realidades que nos rodean, máis pragmáticas, menos cálidas. Algo así sucede nesta historia na que o amor precisa dunha segunda xeración de persoas.

Un tros de paper” de Noèlia Beltran. Podería dicir deste libro que é un canto á vida, á paisaxe, aos espazos compartidos, ao amor. Porén, a súa lectura tamén nos leva por corredoiras escuras onde só se agocha o medo á perda. Nesta intriga da escritora catalá hai moito máis que loita pola supervivencia, na historia que narra vai dentro unha vida, ou mais…

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *