Honor vs. Horror

 

Honor vs. Horror

HONOR:  Calidade ou condición dunha persoa, da súa conduta ou dos seus feitos, que fan que sexa digna de consideración e respecto; honra (unha persoa de honor).

HORROR: 1. Medo moi intenso; espanto, pánico, pavor, terror. 2 Sensación de desagrado. 3 Cousa que causa unha sensación de medo ou repulsa.

(Gran Dicionario Xerais da Lingua Galega)

 

Dous exemplos de Honor e de Horror:

Na película “El rey Arturo” de Antoine Fuqua, case ao final, e á marxe do excesivo sentimentalismo na actuación forzada dos protagonistas da escena, os cabaleiros da Táboa Redonda senten na conciencia a chamada do honor, que non lles permite deixar so na loita ao seu compañeiro Arturo. Elixen Honor, arriman o lombo.

Na película “Apocalypse  Now” de F. Ford Coppola, inspirada no “Corazón de tebras” de J. Conrad, tamén case ao final, Kurtz (Marlon Brando) conversa sobre o horror co capitán Willard (Martin Sheen) pondo como exemplo unha barbaridade feita polo Vietcong, non ían poñer as matanzas de aldeas enteiras de vietnamitas arrasadas polo napalm ou polas metralladoras do soldados. Poren, todo é horror.

Ao longo da historia da humanidade, estas dúas palabras loitaron por imporse unha á outra; as palabras son so iso, ferramentas para expresarmos; quen loita é o ser humano, quen decide que palabra impera é o ser humano.

Nestes tempos atribulados, nos que a condición humana se mostra espida, uns poucos ofrecen esforzos, sensatez, solidariedade, cordura e sacrificio; bastantes máis so critican a destro e sinistro, todo lles parece mal e so agardan que sone o timbre do recreo para saír en espantada á rúa, sen criterio, sen responsabilidade, para logo regresar a casa e pórse outra vez a criticar; os restantes son os que reman en contra dos primeiros, e polo tanto reman en contra da sociedade, do ser humano, os que so miran para os réditos que poden acadar cos esforzos dos demais, esforzos nos que se cometen erros, porque so os que toman decisións, os que escollen unha ou outra medida, son quen de errar, os demais so critican ou agardan polo erro. O goberno de España tomou e toma decisións, unhas saíron ben e outras foron malas decisións; nas comunidades autónomas, algúns (dentro das súas potestades en situación excepcional) tomaron decisións, unhas mellores e outras non tan boas. Isto non vai de ideoloxías, non vai de partidos. Pero hai partidos na oposición que deberían buscar líderes de verdade que estean á altura  da situación, que os teñen, e poñelos no lugar dos que se retratan con extremistas da ultradereita e seguen os mesmos pasos, ou quen antepoñen o persoal antes do interese xeral que afecta á cidadanía, eludindo responsabilidades por ter que asistir a unha misa.

HONOR e HORROR

HONOR. So nos queda rezar, léase esforzármonos máis e despois, os que queiran ir a misa que vaian, para que o futuro incerto que está aí estea xestionado por xente de ben, por estadistas, que os hai en moitos partidos, para que nos axuden a camiñar pola longa travesía do deserto que temos por diante.

HORROR. Esforcémonos porque isto non vai rematar cando alguén prema no timbre do recreo. Nos estaremos mal, pero mirando ao redor, Portugal é a excepción, so vemos xente do calibre de Bolsonaro, Trump, Johnson (que está recuando porque lle viu as orellas ao lobo), os pistoleiros de Michigan

 

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *