Inma López Silva, Ramón Pernas, Teresa Viejo

 

Dentro de tres días é o 23 de abril, Día do Libro. Esta semana, ata o domingo 26, vou recomendar tres libros cada día, un de literatura galega e os outros dous de amigas e amigos escritores. A semana empeza mal coa perda da gran poeta Luz Pozo Garza, porén, seguiremos coa teima dos libros en cada día de  confinamento.

Literatura galega: Inma López Silva, unha escritora a ter moi en conta. Selecciono o libro de relatos “Tinta” no que amosa o seu mundo interior e as teimas sobre as que  xira o seu maxín. Gústame particularmente “Aqueles que retratan o vento”.

Un amigo: Ramón Pernas. Ás veces temos comentado que todas as súas novelas son partes dunha soa novela nas que sempre está presente dalgún xeito Viveiro, perdón Vilaponte. Por recomendar unha novela, desta volta escollo “En la luz inmóvil”, no que a infancia e a adolescencia son os alicerces.

Unha amiga: Teresa Viejo. Gran xornalista e magnífica narradora. Así o demostra nas súas novelas, por exemplo en “La memoria del agua” na que a autora nos leva dende o presente ata un pasado, a época da Guerra Civil, no balneario La Isabela, xa desaparecido. Nesa viaxe, o protagonista vai atopar un microcosmos con todos os ingredientes para converter este libro nunha novela trepidante.

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *