Martes 21 de abril de 2020, segundo día da semana do libro. Tres novas recomendacións. Escollo libros que non son novidades editoriais, libros que están na miña memoria.
Literatura galega: Juan Tallón. Xornalista e escritor, ten ademais un plus por ter nacido nun lugar chamado Vilardevós, sendo por tanto raioto!!! Hoxe destaco o libro que lle publicara Sotelo Blanco “Fin de poema”. Nesta obra somérxese nas derradeiras horas de catro poetas: Pavese, Sexton, Ferrater e Pizarnick. Un reto que agradece o lector e que invita a repensar a morte.
Unha amiga: Marta del Riego. Outra xornalista, escritora e poeta. Marta sabe tecer unha vida entre o Madrid máis castizo e o seu “noroeste”, a comarca leonesa de La Bañeza. En “Sendero de frío y amor” tece unha tea de araña entre o pasado e o presente de dúas irmás xemelgas, a ausencia da nai e os camiños a lugares “extraviados” da xeografía e da memoria.
Un amigo: Xacobo Otero Moraña. Un compostelán de Ribeira cun maxín desbordante que non lle cabe no corpo. Xacobo vive a aventura e sinte as súas historias como bo fillo dos trhillers norteamericanos que tantos seguidores teñen. Ten varias novelas pero “Operación SIDI” foi a primeira, e nela aparecen todas as súas capacidades para narrar historias trepidantes.
Add Comment