“Los límites de la memoria” de Alfonso García.
Este é un deses libros nos que o tacto forma parte do agarimo. Está editado como se fose unha bitácora escrita en tempos pretéritos, por un home cunha caligrafía clara, firme e xenerosa co lector, tal como demostra no encarte a parte que inclúe o libro. Si, é un libro de lembranzas, das lembranzas do paraíso do autor, a nenez nunha xeografía minada, con homes impregnados de carbón ata as entrañas, con mulleres resistentes e coraxentas e, sobre todo, cos amigos cos que vivir os alicerces da aventura da vida.
De Alfonso lin varios libros, e en todos amosa toda a bonhomía que lle caracteriza, todo o saber literario que acumula, toda a forza do destino e, finalmente, un destello na mirada na que, cando quere, deixa ver a inocencia dun rapaz que, a pesar dos anos cumpridos, segue tendo un raio de esperanza no ser humano; porque da calidade literaria non é preciso falar, xa que de el aprenderon, aprendemos, moitos. Libro fermoso.
Add Comment