Luna

Luna, tal como sona, en castelán, foi o nome que lle puxeron a un ha cría de orca que por algún descoñecido motivo tivo que ser abandonada pola súa nai. Quen a bautizou con ese nome? Cando o preguntei, a resposta sempre foi como a da obra de Lope de Vega Fuenteovejuna: os veciños.

Onde quedou abandonada Luna? Apareceu no ano 2000 na badía de Nutka e no Muchalat Inlet, unha canle na illa de Vancouver, no Canadá, no que desembocan varios ríos, un deles o  Gold River que tamén da nome a unha vila, que comunica por mar o porto da mencionada vila coa illa de Nutka, Nootka para os de alí.

A pequena orca alimentábase moi ben grazas aos ricos bancos pesqueiros da zona, nos que os salmóns tamén formaban parte da súa dieta, pero non eran os únicos peixes. Luna moi pronto se converteu nun atractivo turístico de primeira orde, porque xogaba coa espuma das embarcacións que polo canal navegaban; aínda así, non todo eran comentarios afortunados no seu favor. Os que vivían da pesca protestaron pola redución do peixe, e os madeireiros porque lles molestaba cando os seus pequenos pero potentes remolcadores arrastraban varias toneladas de troncos de piñeiros flotando no mar, nunha cola que pode medir varios centos de metros.

Por iso mesmo, xurdiu unha iniciativa para capturar a Luna e levala a un acuario pero non prosperou porque se puxeron en contra os nativos das Primeiras Nacións, os Muchalat, que dixeron que a orca, que eles chamaban Tsu’xiit, era a reencarnación dun antigo xefe e debía vivir en liberdade, como así foi.

Luna fixo desfrutar a moita xente cos seus xogos  ata o 10 de marzo de 2006. Ese día acercouse demasiado ás hélices dun remolcador e morreu.

Luna tamén vai estar nun libro que publicarei nuns meses, libro  do que tamén forma parte a Cidade sen Nome

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *