Manuel Gago, Susana Fortes e Juan Eslava Galán

Semana do libro, 22 de abril de 2020. Sigo coas miñas propostas de literatura feita por amigos.

Literatura galega: Manuel Gago. É xornalista, comunicador, investigador, divulgador e escritor. Ademais é de Palmeira. Coa súa primeira novela demostrou as capacidades que posúe como narrador. “O anxo negro” non so é unha historia de suspense, tamén é historia na que a realidade se conxuga con mestría coa ficción nunha trama trepidante e moi próxima.

Unha amiga: Susana Fortes. Non descubro nada co seu nome. De Susana gústanme como escribe e as historias que conta. Os seus libros desbordan frescura, paixón e amor, serían libros que lería Corto Maltés aínda que fora ás agochadas. Hoxe propoño un do que lamentei que rematara: “Esperando a Robert Capa”. Dous fotógrafos constitúen o eixo da novela durante a Guerra Civil española, Capa e, sobre todo, Gerda Taro, a muller que o amou. Impresionante.

Un amigo: Juan Eslava Galán. Coñecer a Juan Eslava significou, de algún xeito, un pequeno punto de inflexión no meu devir creativo, a pesar de que daquela aínda non o sabía. É por iso, e porque me pareceu unha gran novela, que escollo unha das primeiras que escribiu “En busca del unicornio”. Esta obra podería ser considerada un “road book”, a narración da busca do mito localizada no século XV. Unha marabilla.

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *