Outros maios: Eduardo Blanco Amor

 

… e que o ser putas era ter que estar apuntadas no Aiuntamento da Praza Maior e pasar o reconocimento cada mes pra poder anicar cos homes e cobrarlles a xeira…

Non cheguei a coñecer persoalmente a Eduardo Blanco Amor, finou en 1979 en Vigo. Porén, este escritor foi dos que máis cedo lin, xunto a Cunqueiro, Fole, Celso Emilio e, por suposto Rosalía. Atrapoume cos relatos que narra na obra “Os Biosbardos”, máis tarde lería “Xente ao lonxe” e “A Esmorga”. Con todas estas obras  vin retratos de persoas que tamén debuxara Castelao, din paseos polas rúas de Ourense da man dos protagonistas, paseos que repetín, moitos anos máis tarde, seguindo as rutas literarias que homenaxean ao gran autor ourensán.

Descubrir que os poemas en galego de Federico García Lorca foran publicados por Blanco Amor, que tamén tivera moito que ver botando unha man co idioma galego, encheume de orgullo.

Os libros de Eduardo Blanco Amor forman parte da miña biblioteca máis querida.

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *