Un western de Carlos G. Reigosa

 

A vitoria do perdedor” de Carlos G. Reigosa. Esta novela é un “western” crepuscular.

Iso foi o que lle dixen a Carlos despois de lela. Si –respondeu- pero de Sam Peckimpah. Concordei e concordo con el. A trama desenvolvese nos anos seguintes á Guerra Civil, cando moitos dos guerrilleiros contra Franco, se podían, intentaban fuxir ao estranxeiro. O protagonista desta historia pretende precisamente iso, pero a vida resulta implacable e non da tregua nin a un nin á xente que un quere.

O  autor escribiu o que considero mellor libro de investigación xornalística sobre os fuxidos do monte, “A agonía do león”, por iso sabia do que falaba cando escribiu este western. O lector vive en permanente alerta, como se fose el quen puidese recibir un tiro polas costas en calquera momento. Reigosa non so ten oficio, é grande no seu oficio de escritor.

Absolutamente recomendable.

Add Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *